LOGIN DE USUARIOS

USUARIO
CONTRASEÑA

¿Olvidaste tu contraseña?

ÚLTIMAS NOTICIAS

Últimas noticias

Hola gente, para todos aquellos que tengais facebook se creó un grupo de nuestro club en el que os podeis. ...

Leer más

RECOMENDACIÓNS XORNADAS MICOLÓXICAS

 

EQUIPO NECESARIO:

Roupa e calzado de campo.

Cesta ou caixa de madeira, nunca envases de plástico, que non transpiran e favorecen a fermentación.

Navalla ou coitelo.

 

EQUIPO RECOMENDABLE:

Guía para axuda de recoñecemento de especies.

Papel de periodico para separar e protexer algún exemplar.

Pequeno bloc de notas.

Bastón.

 

CONSELLOS PARA A RECOLLIDA E IDENTIFICACIÓN:

O máis importante é ir acompañado dun experto, é aconsellable acostumarse a manexar unha guía para a súa identificación.

Os exemplares para a identificación procuraranse enteiros; que falten anacos póde ser suficiente para que non poidamos recoñecelos e determinalos.

Deben estar sáns, non coller exemplares moi vellos, resecos, pasados ou atacados por vermes.

 

Se é posible, debe recollerse máis de un ejemplar nas súas distintas etapas de desenvolvemento (agás nas primeiras, nos que son moi pequenos), pero tamén é importante deixar exemplares dabondo para permitir a súa reproducción.

 

Non se deben pisotear nin despedazar co bastón aínda que estean deteriorados ou sexan venenosos.

 

ESTÁN CUMPRINDO UNHA FUNCIÓN E MANTENDO O EQUILIBRIO NA NATUREZA.