ÚLTIMAS NOTICIAS
Últimas noticias
XUNTANZA DE MONTAÑA MAIO 2012 ANDAINA “AS TRES PONTES” PONTE NAVEA-PONTE CABALAR-PONTE BIBEI. DATA: 26/5/2012. SAIDA: 9:30 HORAS, ...
FORFAIT MANZANEDA 2011-12
FORFAIT MANZANEDA 2011-2012
As persoas interesadas en quitar o forfait MANZANEDA 2011-12 a través do Club Montaña Trives deben facer o seguinte:
1º Ter ingresado a cuota anual. (12€ individual, 18 € familiar e 50€ para socios de primeiro ano ou aqueles que perderan a súa condición de socios por non pagar a cuota do pasado ano). Neste ingreso indicar como concepto: CUOTA-NOME-APELIDOS-DNI
2º Ingresar a cantidade correspondente ó forfait segundo o caso. Neste ingreso indicar como concepto: FORFAIT-NOME-APELIDOS-DNI
Precios:
Pase Anual Adulto 120,00 €
Pase Anual Neno (de 6 a 12 anos) 85,00 €
Pase Anual Maior de 65 anos 60,00 €
Pase Anual Maior de 70 anos gratis
Pase Anual Menor de 5 anos 20,00 €
3º A directiva fará unha trasferencia de datos e diñeiro a Meisa os días 26 de Novembro e 24 de Decembro. De ahí que só aquelas personas que teñan ingresado a cuota anual e a do forfait ó remate dos días 25 de Novembro e 23 de Decembro, entrarán nese grupo de solicitud de fortait.
NOTAS IMPORTANTES:
- O número de conta para facer ámbos ingresos é NOVAGALICIA BANCO: 2091-0445-10-3040004564. Imprescindible indicar ben os conceptos como se explicou anteriormente.
- As persoas que non solicitaran o forfait a pasada campaña deben levar unha fotografía a recepción de Manzaneda, antes das fechas sinaladas anteriormente.
- Para coñecer os dereitos que aporta o Forfait, consulta a noticia (OFERTA MEISA 2011) que está nesta mesma web.
- Non se aceptará ningún diñeiro en metálico por parte de ningún integrante da directiva.
- Prégase prestar atención a ter pagada a cuota anual e respetar os plazos para o ingreso do forfait posto que a directiva só levará o listado nesas fechas.
- Como poderan ver na oferta de Meisa, só poderemos soliciar o fortait nestes prezos sí temos un mínimo de 25.